-eu en verdade teño bastatnte que contar, acabei en Semana santa
moritño detodo, coa viaxe de semana santa, a visita dunhas amigas e a da miña
nai e mailo meu irmán.
Estou moi atafegado, teño moitísimos traballos que entregar e logo os
correspondentes exames! Xa empezo a semana que ven que teño os da
Escola de Francés, logo os da carreira, 7 en total de 5 asignaturas
máis francés.
Polo de agora estou bastante contento xa que a única nota que teño, un
informe de práctticas de técnicas instrumentais no laboratorio saquei
un 1.95 de dous!!
Onte saín xa de ultima vez á RazzMatazz, facían un concerto
espectacular e logo xa sesión de clubs tamén a altura. Ademáis agora
volven a abrir até as .6.30!
Bueno, pois eres oportuna preguntando sobre o meu verán, xa que este venres organicei os proximos 13 meses. Coméntoche:
- Até 28 de Xuño estudar coma un cabron e sacar algunha matrícula de honor. Facer o papeleo Erasmus e conseguir a beca da generalitat.
- Comezarei ocurso con 6 asignaturas mói interesantes, enxeñeria xenética molecular, biorreactores, biotecnoloxía alimentaria ou microbioloxía molecular son algunhas das perlas que me tocará estudar, ¡xa se acaba o periodo de ciencia básica para meterme xa en materia!, tamén quimica e enxeñeria de proteínas.
- Acabarei o primeiro semestre e unha semana de descanso en Milano, onde comezarei a miña estadaerasmus durante 5 meses!
- Irei a Como, a Friburgo, a Roma, e se podo algun dia baixarei a napoles durante esta estada, tentarei ver a todolos erasmus italianso que coñecín e recibir o máximo número de visitas posíbel.
A donde vas de interrail? con quen vas? A min encantaríame ir á zona
de Grecia e italia, pero ninguen quere vir comigo,s e tes un sitio
libre, infórmame que me faria moita ilu facer un viaxe destes.
E agora que o penso ti seras quen de facer un interrail? chegaranche
as horas de tren pra durmir??? Dormilonaaaaaaa!!!
Sobre cambios de estilo Eu polo de agora non cortei o pelo dende a semana seguinte que viñestes vós, e penso que non o cortarei xa que non teño tempo a baixar a llongueras, asíq ue cando acaben terei unhas greñas que cortarei antes de vir a santiago millor
dito prepararei, porqu faime ilu telo longo, ´tinguireino e alisareino
permanentemente supoño. de novidades só teño unha gorra a cadros preciosa que non quito de enriba!
Por certo fixen un pircing! teño o trago ou tragus furado!!! é un dos
lóbulos da ourella, o que mais doe de todos!!!
FAite un myspace como Nati e mais eu para que nos poidamos comunicar!!!
eiqui tes o meu www.myspace.com/kryser
Un bico, vou comer comida china que me invitan e chego tarde, e teño
que enviarlle a miña práctica aos meus compañeiross!!-
- Contestei eu...
vaia currada que me metín, pero tí que fas mirando correspondencia allea?
*O texto da carta foi convenientemente modificado para protexer a intimidade da destinataria e facilita-la comprensión dos lectores do blogue