viernes, 9 de marzo de 2007

Cousas que flúen...


hoxe todavía non porei título ao post, e é que non sei moi ben todavía do que vou falar.
Hai catro días que cheguei de Amsterdam, hai unha semaniña e media que marcharon Paula e máis Natalia, hai unhas 3 semanas xa que remataron os exames do demo. E como sempre, tiven tempo de pensar na miña bordería habitual, á que recorro de vez en cando para "protexerme"(?), tiven tempo e lugares onde os sentimentos flúen, onde nós mesmos fluímos. Como xa dixen un par de veces, o panta rhei é inevitábel. E ninguén ten que dicirme xa cho dixen, porque xa mo repito eu soliño. Foi divertido semellar unha persoa de dereitas, foi divertido xogar con lume, foi divertido desprezar moitas cousas, liberdades, xéneros, pensando que seguía sendo o mesmo ca o de antes.....
Hoxe limiteime a reflexionar coa almofada... a vere se serviu pra algo...


A Paula & Natalia, pola súa diplomacia.... e en menor medida, aos outros amsterdamers, que dixeron o mesmo pero con diplomacia 0.

No hay comentarios:

Publicar un comentario