lunes, 4 de diciembre de 2006

Conta Atrás

Comeza a conta atrás, Hoxe, primeiro día sen prácticas en moito tempo, comezo a estudar...
Estudante de Biotecnoloxía na Universitat Autònoma de Barcelona, blogger a ratos e esmorguista a tempo parcial (xornada completa en sábados), dou inicio á sentada de cabeza e estudar unhas 3 horas diarias polas mañás.
Comezamos con Bioestatística e Fenómenos de transporte, até poñerse ao día, para continuar con Fisioloxía Vexetal. Aínda que non creo que comece con esta última até despois da ponte, que me servirá para actualizarme nestas asignaturas de desenvolvemento matemático.
Hoxe espertei as 9.15, fun á hemeroteca da Pza Cívica ás 10.20, e alí estiven até as 13.30 que subín de volta á vila para xantar, un té e á clases, que sorprendentemente fun quen de coller todo sen durmirme.
Penso que de agora en diante voume alimentar exclusivamente de pasta, é o único que me da enerxía que preciso para toda a miña actividade mental.
Déixovos coa curva normal, que tantas voltas me da á cabeza co maldito teorema central do linde...

No hay comentarios:

Publicar un comentario