everythin'in just one word: Autònoma...
Despois dun rien-a-faire ponte, mirando prás moscas, tentando estudar na casa, tentando estudar en sociales, de comprobar que me distraio coas manchas das fotocopias, que a bioestadística non me interesa, e os biorreactores menos, que son máis influenciábel polas modas do que pensaba, e moitas cousas máis, decátome de que só queda 1 semana para marchar, e teño que entregar exercicios de bioquímica, facer un exame dun libro e das miñas compentencias "adquiridas" durante o trimestre nas miñas clases de Francés da EOISabadell(isto quer dizer que me teño que chapar o libro enteiro...). Por riba, gustaríame poder esquecerme xa de Bioestatística e Fenómenos de Transporte antes de chegar a terras galegas. Iso significa estudar moito nunha semana na cal hai un cumple na vila, un en barna, e despois o último sábado do ano....Tocará Razz ou Paloma? quen sabe...
Alomenos son feliz, por 3 cousas, teño froita: mazás, quives (mmhBop!), e mondarinas(xD), teño os meus pantalóns novos de desigual a cadros (praisepop) e teño grandes amigas (só hai 1 tio d 3) no K011. A verdade... e que a vida non foi tan mal como esperaba, era máis pesimista.
Si onte din en pensar en que pasaría se quedase en Compostela, a facer Enxeñaría Química (buadgh!), bioloxía, medicina ou algunha mandanga destas, todo o que me houbese perdido, as fendas que habería sufrido. Pero penso que non foi un análise coidado, téndese a pensar, que se ti non fas por cambiar, ren cambia, pero a entropía évos invincíbel. E supoño que igualmente seguiría tendendo cara o lado pop da vida, recuperando as relacións rotas que alí deixei, e tendo un lugar onde saír en fin de ano... grande interrogante, esta vez terei que facerme o enfermo???
Espero que vos cunda a miña vida... pero nin sexo nin juerga teño pensado contarvos polo de agora....
No hay comentarios:
Publicar un comentario