jueves, 14 de diciembre de 2006

Fracaso:

Non, en verdade non foi tal, o obxectivo primario e principal foi conseguido, fixemos feliz a quen queríamos, Alba, dende eiquí felicidades con uns días de antelación. Non espero que che gustasen os detalles, porque sabemos que o fixeron xD!
Pero polo demáis todo desbordouse, nunca me avergoñei tanto de vivir onde vivía,(que non de coñecer a quen coñecía). A música non soaba por mor dos altofalantes, todo estaba distorsionado, o meu look Californiano non facía ningun tipo de efecto. Perdín aos meus amigos, non me liei con quen quería, e por enriba, non me liei con ninguén...E por último perdín 1 hora e media falando de nada cun personaxe que fai perder algo máis que tempo.
Por primeira vez non me topo a Rubén, pese a 3 chamadas, síntome caca pero sei que Alba é feliz agora, pero e máis eu? que pasa comigo, hoxe, a miña "escudilla" está baleira.
En fin, menos por Alba, cuxo sorriso todo o ilumina, foi o peor xoves universitario dende Setembro... vaia caca, e iso que é o último...

Bueno, avidos leitores.. podedes compadecervos de min

No hay comentarios:

Publicar un comentario