La que ahora viene, es a razón de facilitarle las cosas a Papá noël, a sus Surreales majestades del oriente, y a los amigos invisibles, gracias a la maravillosa idea de los feed! ( que habréis de perdonarme pero aún no os puse ninguno..)
Pues eso, nadie sabe nunca que regalarme, y acaba todo en un rincón de mi habitación. Así que para no tener yo decepciones, aquí os pongo lo que me haría feliz:
- Unha sudadera aberta e estampada, preferibelmente con capucha, algo, xa sabedes, estilo H&M...
- Hai por aló (bna e compostela) unhas All Star de marca Victoria co tecido negro coas raias laranxas... que majas, comprádea antes de que o faga eu!
- Unha gorra a cadros sería algo ideal
- Un pixama bonitiño ( isto quer dizer sen animais ridículos como os gatos, as arañas, os osos e as xirafas...) para estar pola casa os domingos de resaca...
- Tamén iría ben unhas zapatillas para estar por casa tamén, tamén majas, non horríbeis con pinta de pelota de futbol, pes de hobbit ou demos fritos... algo sinxeliño
- Hai uns calzoncillos en hipercor que poñen "hoy no me puedo levantar"...
- Hai tamén unhas camisetas en Pull & Bear moi chulas, recordade NON ás raias mareantes(todas iguais)
- En barna quedeime sen tazas....
- Fai frio nesta casas de compostela onde non me poñen calefacción... unha mantiña cuca?
- A día de hoxe, Lidia, Marieta e máis eu, explotamos casi tódalas peliculas da hemeroteca, e téñolle que baixar os fumes a lidia cun trivial? Party&co? Tabú?
- Todos sabedes como odio a miña funda de portátil, unha lixeiriña, con camara de ar, e sobre todo hermosa faríame moi feliz
- Se che gusta regalar tecnoloxía (ten en conta que queda desfasada) unha Mini SD de 1 ou 2 GB seríame moi útil no meu móbil
- Unha corbata, e non a quero de seda, dun material mate... aínda non sei moi ben como a quero, con certo toque punk!
- Unha pluma estilográfica, para darlle ás letras o estilo que me caracteriza
- Un reloxio plano de Swatch
- Un par de guantes
Agora dareivos unhas suxerencias...
- Non me gustan as raias horizontales mareantes, se teñen que ser, que sexan desiguais, é dicir, diferente grosor, color..
- Os libros teñen o seu encanto, pero as pelis non molan nada, porque é moi raro ver unha peli máis dunha vez. os discos... adoito baixarmos.
- As miñas cores favoritos son o azul e o amarillo
- Colonias, son moi esixente, agora esgotáronseme Ultraviolet e máis Tommy
No hay comentarios:
Publicar un comentario